Excursións dos alumnos de 3º de primaria do CEIP Vista Alegre de Burela dentro do proxecto de consumo responsable

A excursión realizárona co Centro de Educación Ambiental Gaia.


Gaia foi de excursión cos alumnos de 3° de Primaria do CEIP Vista Alegre ao Barco Museo Reina del Carmen, á cetárea e ao Almacén do Peixe. Este curso estes alumnos traballan cun proxecto da auga e o seu consumo responsable.

Desde a Concellería de Medio Ambiente explican que “con estas visitas achegáronse un pouco máis á vida do mar, de feito para a maioría era a primeira vez que entraban nun barco, e pese a vivir nun pobo costeiro descoñecen cousas tan nosas como por exemplo cómo se pesca o bonito”.

O alumnado visitou tamén a asociación de mariñeiros “A Moncloa”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here