InicioCulturaChega a Burela o teatro de monicreques Mircromina coa obra "43ª latitude...

Chega a Burela o teatro de monicreques Mircromina coa obra “43ª latitude Norte”

43º Latitude Norte é un espectáculo de monicreques en 3 actos, con 3 técnicas distintas + 1 presentador.

Publicada o

- Advertisement -

Mircromina Teatro de Títeres estará este sábado, 19 de novembro, en Burela dentro do Circuíto de Teatro Profesional da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e coa colaboración do Concello de Burela. Será ás 18 horas no auditorio da Casa da Cultura con entrada de balde. Trátase dunha función dirixida ao público familiar.

43º Latitude Norte é un espectáculo de monicreques en 3 actos, con 3 técnicas distintas + 1 presentador.

O Camiño está cheo de aventuras incribles e fascinantes personaxes para os que deciden emprendelo.

Unha viaxe polo Camiño Norte

É un espectáculo no que o Camiñante descubre o loubican Raio no medio do monte e convértense en compañeiros inseparables. Máis adiante atópase con Antolín o bailarín e conforman o dúo tradicional con máis ritmo da historia. E cando por fin logra o seu lugar, disposto a sentala cabeza, choca de fronte co Propietario, revivindo a historia máis vella do mundo.

ÚLTIMAS

A xuíza chamará “en breve” a declarar aos investigados polo accidente de Xove en abril

A maxistrada titular do Xulgado de Instrución número 2 de Viveiro xa recibiu da...

Foz renova a frota de vehículos con catro novos transportes para o servizo de obras

O Concello de Foz vén de adquirir catro novos vehículos para o servizo de...

Detectado en Xove outro caso de gripe aviaria en gaivotas patiamarelas

A Consellería do Medio Rural comunicou ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, a...

ACISA Ribadeo repartirá 6.000 euros en premios na XIII Festa do Comercio

Acisa ven de presentar a XIII Festa do Comercio. A campaña desenvolverase do 1...