InicioCulturaOPINIÓN: O Club de Lectura de Burela cumple catorce anos desde a...

OPINIÓN: O Club de Lectura de Burela cumple catorce anos desde a súa primeira reunión

Publicada o

- Advertisement -

Neves Cando, membro do Club de Lectura de Burela

A primeira xuntanza do noso Club de lectura tivo lugar o 20 de novembro de 2008 na Biblioteca Municipal de Burela. Aquel día comentamos o libro O club da calceta de María Reimóndez e contamos coa presenza da propia autora.

Todo comezara ese verán de 2008 cando Catalina Caamaño me visitou no meu despacho do Concello para comentarme a posibilidade de crear un club de lectura en Burela (ela viña da zona de Compostela onde participaba nun club e quería continuar con esa experiencia agora que chegara á nosa vila). Entón empezamos coas xestións necesarias para poñelo en marcha: contactamos coa rede de bibliotecas municipais con clubs de lectura e integrámonos nela.

A partir de aí, publicitamos esta iniciativa e fixemos a primeira xuntanza o 6 de novembro de 2008 onde xa recollemos o 1º libro para ler e establecemos un calendario de reunións (o 1º e 3º xoves de cada mes). Así, 15 días despois, xa estabamos listos para comentar o 1º libro O club da calceta, ademais co privilexio de contar tamén coa presenza da autora.

Durante o 1º ano seguimos coas reunións os xoves pero, a partir de mediados de 2009 e até a actualidade, cambiamos para o 1º e 3º martes de cada mes. Ao principio tan só deixabamos de xuntarnos en agosto, pero a partir de 2012 rematamos a tempada en xuño e retomámola en setembro. Tamén tivemos que facer un parón forzoso pola COVID dende marzo de 2020 ata maio de 2022, cando retomamos a actividade e nela seguimos…

Ao longo destes anos, moitas persoas pasaron polo noso club (emperzariamos aló polo 2008 cerca de 25 persoas); unhas viñeron, outras fóronse e outras retomaron o tema ao cabo dunha tempada. Hoxe en día, somos entre 15-20 persoas as que continuamos con esta actividade (desa 1ª xuntanza de 2008 quedamos só dúas persoas que asistimos sempre ás reunións: Gloria Suárez e mais eu)

En todo este tempo, levamos lidos 195 libros dos máis variados autores/as, temáticas, xéneros e transfondos culturais (podemos dicir que temos lido libros de autores dos cinco continentes). Libros en castelán e galego; de autores coñecidos e clásicos da literatura universal e outros máis descoñecidos; novela, poesía, cómic,  relatos… Nós partimos dunha listaxe común para os clubs de lectura da rede da que formamos parte e a partir dela facemos a nosa escolla (eliximos os libros en función de gustos-recomendacións que nos facemos entre nós, da temática que pode ter ese libro, do autor/a que coñecemos ou non…).

Dende que escollemos uns cantos libros deste xeito, contamos coa gran axuda de Anxo Rubiños, o responsable da Biblioteca Municipal de Burela, que se encarga dos contactos necesarios para conseguirnos eses libros, e así cada 15 días chegamos, ás 8 da tarde, á Biblioteca que comentar o libro que nos toca e, ao final da xuntanza, levar o novo libro para ler (e falar do libro tamén nos leva a falar de cine, de historia, doutros libros/autores semellantes… da vida en xeral).

Ao longo destes 14 anos, como xa dixen antes, lemos grandes clásicos da literatura universal como García Márquez, Virginia Woolf, Marguerite Yourcenar, Óscar Wilde, Ernest Hemingway, Truman Capote, Stendhal… e tamén fixemos descubrimentos moi interesantes de autores e autoras que, quizais, se nos estivésemos no club de lectura, ao mellor non leriamos (a autora húngara Magda Szabó, a irlandesa Maggie O`Farrell, o australiano Markus Zusak, a ruso-francesa Irène Némirovsky, o holandés Herman Koch, as estadounidenses Lionel Shriver e Hanya Yanagihara, o brasileiro Jose Mauro de Vasconcelos ou o asturiano Fulgencio Argüelles… entre outros moitos)

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...