InicioCentralBurelaExpomar 2023 levará a Madrid os sabores do peixe de Burela o...

Expomar 2023 levará a Madrid os sabores do peixe de Burela o 19 de xaneiro na Casa Galicia

O alcalde de Burela e presidente da Fundación Expomar, Alfredo Llano, indicou que “este ano que vén imos ter unha nova edición da Feira Expomar, que vamos ampliar nuns 1.200 metros para que sexa un evento exemplar".

Publicada o

- Advertisement -

A Feira Náutico Pesqueira Expomar 2023 será presentada en Madrid o 19 de xaneiro. Será nun acto na Casa de Galicia no que haberá unha recepción e unha degustación, segundo anunciou esta mañá o alcalde de Burela e presidente da Fundación Expomar, Alfredo Llano.

O rexedor manifestou que “hai unha cuestión agora mesmo que nos preocupa moitísimo, que é a situación da pesca en xeral. Entón nosoutros consideramos que a actividade náutico pesqueira ten que manterse porque ten un peso específico na economía, na sociedade, na cultura, … Polo tanto queremos que esa pesca perdure, de maneira sostible loxicamente, pero ten que ser unha actividade con garantía de supervivencia, de manterse no futuro constantemente para ter unha alimentación sa e da mellor calidade; pescada ademais dunha maneira coidadosa para que chegue a porto cunha calidade total”.

Llano subliñou que “estamos claramente a favor do sector náutico e para o ano que vén o 19 de xaneiro vamos facer unha presentación na Casa de Galicia en Madrid da Feira Náutico Pesqueira Expomar porque queremos darlle a maior repercusión, a maior expresión de información e que sexa visitada e moi difundida, pero pensando sempre na importancia que ten para nós a actividade náutico pesqueira”.

O alcalde e tamén presidente da Fundación Expomar indicou que “este ano que vén imos ter unha nova edición da Feira Expomar, que imos ampliar nuns 1.200 metros para que sexa un evento exemplar, no que estea representado o sector da mellor maneira, que sexa atractivo e no que se manifeste o poderío e as gañas de continuar. Imos facer unha feira acorde con estas demandas e desde logo dándolle importancia ao sector náutico pesqueiro de maneira integral”.

Alfredo Llano engadiu que “a presentación na Casa de Galicia en Madrid farémola o día 19 de xaneiro a partir das sete da tarde. Haberá unha recepción e degustación de peixe, na que se implica a Consellería do Mar e a asociación de armadores ABSA, para que salga perfectamente. Imos intentar facer un acto que sexa acorde co sentimento de defender e presumir da nosa actividade náutico pesqueira”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...