A tik-toker Paula Jorge participa nunha emisión especial do programa radiofónico Proxecto Neo en Radio Burela

Emisión dun programa de Proxecto Neo. LUCÍA RIVAS

A colaboradora de Land Rober da TVG e tiktoker, Paula Jorge, participa nun programa este mércores conducido por dúas alumnas de ensino secundario. As alumnas Carme e Sara, de 1º de ESO, comezaron un programa de aprendizaxe-servizo e todas as semanas participan na realización do programa radiofónico Proxecto Neo.

A  responsable de comunicación do programa, a fotógrafa Lucía Rivas, pensou en celebrar o aniversario do programa cunha entrevista coa comunicadora audiovisual Paula Jorge. O día sinalado a colaboradora do programa Land Rober da TVG non podía atender a chamada, mais prestouse a participar presencialmente noutra ocasión porque o seu desexo era tamén cumprir a ilusión das novas comunicadoras.

O encontro tivo lugar ás 11:30 da mañá deste mércores nunha aula do IES Perdouro transformada en estudio de radio e que os estudantes poidan asistir en directo á gravación dunha parte do programa. Finalizada a entrevista, Paula Jorge poderá compartir un momento de tertulia no mesmo lugar en que ela realizou a etapa do Ensino Secundario Obrigatorio

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here