InicioCentralBurelaSemana Europea de redución de residuos en Burela chamando a non tirar...

Semana Europea de redución de residuos en Burela chamando a non tirar comida ao lixo

Desde a Aula Gaia sinalal: "Trátase dunha campaña de concienciación sobre a xestión sostible dos recursos e dos residuos e nos este ano fixemos fincapé en non tirar comida ao lixo, potenciando as receitas de aproveitamento”.

Publicada o

- Advertisement -

Gaia celebrou en Burela a Semana Europea da Redución de Residuos facendo fincapé en non tirar comida ao lixo e potenciando as receitas de aproveitamento.

Desde Gaia explicaron que “do 19 ao 27 de novembro celebrouse a Semana Europea da Redución de Residuos. Trátase dunha campaña de concienciación sobre a xestión sostible dos recursos e dos residuos e nos este ano fixemos fincapé en non tirar comida ao lixo, potenciando as receitas de aproveitamento”.

As monitoras indicaron que “fixemos accións en tres sitios: na asociación Camiña, no centro de día de Eu Son e no Ceip Virxe do Carme co alumnado de primeiro. Con todos eles fixemos receitas de aproveitamento do pan preparando chulas ou torrijas, para que se dean conta de que moitas veces tiramos o pan que nos sobra e poderíase aproveitar con receitas das que denominamos de toda a vida, elaboracións que son moi nosas”.

E engadiron: “tentamos conciencialos para non tirar a comida que nos sobre ao xantar, empregala á cea ou facer outras receitas e así non xerar mais lixo e non desaproveitar os recursos e os alimentos que temos”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...