InicioCentralBurelaBurela celebrará o Nadal con teatro, actividades infantís e concertos do 3...

Burela celebrará o Nadal con teatro, actividades infantís e concertos do 3 de decembro ao 14 de xaneiro

O concelleiro de Cultura, José Díaz, espera que “con estas actividades ambientemos un pouco o Nadal e que haxa moitas vendas, movemento e moita ilusión de cara ao ano que ven”.

Publicada o

- Advertisement -

Teatro, exposición, obradoiro e musical infantís e concertos conforman a proposta cultural do Concello de Burela do 3 de decembro ao 14 de xaneiro. O concelleiro de Cultura, José Díaz, agarda que se xeren moitas vendas no comercio local, “movemento e moita ilusión” para o 2023.

O edil burelés contou que “desde a Delegación de Cultura queremos presentar a programación de Nadal. Tivemos unha reunión con comerciantes de Burela e coordinamos algunhas actuacións con eles para potenciar o comercio local, que é moi importante agora mesmo. Eles van facer o sorteo dunha viaxe entre os clientes que fagan as súas compras nos comercios da vila”.

Díaz explicou que “este mesmo sábado, 3 de decembro, teremos ao grupo de teatro de Viveiro Andanzas, que o fan moi ben e que presentará Baile de huesos, ás oito e media e con entrada gratuíta. O luns 5 temos, na sala de arte, unha exposición de acuarelas que se chama Creaturas, de Mercedes Maseda Pernas, quen nos presenta cadros de diferentes temáticas que poderemos desfrutar durante todo o mes. O sábado 10 teremos o obradoiro infantil de Brazolinda chamado Xogos de mesa en galego, de once a unha, na Casa da Cultura, tamén gratuíto. O venres 16, ás nove da noite, contaremos co grupo de teatro O Bordelo dirixido polo gran Paco Piñeiro, que presentará O covid do mariñán. É unha obra nova que estrearemos aquí e seguro que conta, como sempre, con moita asistencia, todos os grupos de teatro que dirixe o gran Paco Piñeiro teñen un seguimento incrible. O mércores 21, ás oito da tarde, haberá o concerto tradicional de Nadal da Escola Municipal de Música de Burela, e o xoves 29 ás sete da tarde teremos un musical infantil de bo nivel que se chama La gran aventura de los Reyes Magos da produtora Gaudium. As entradas xa están á venda en lagranentrada.com e no facebook de Cultura de Burela está o enlace directo para mercalas”.

José Díaz agarda que “con estas actividades ambientemos un pouco o Nadal e que haxa moitas vendas, movemento e moita ilusión de cara ao ano que ven”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...