InicioCentralBurelaO IES Perdouro de Burela recibiu a visita de voluntarias da Curz...

O IES Perdouro de Burela recibiu a visita de voluntarias da Curz Vermella no Día Internacional da SIDA

Desde a UAD do Concello de Burela, preténdese concienciar a poboación da importancia da prevención da Sida e da solidariedade cos enfermos.

Publicada o

- Advertisement -

O 1 de decembro, Día Mundial da loita contra a Sida, o alumnado do IES Perdouro recibiu a visita das voluntarias da Cruz Vermella e de Maite Lanza, traballadora da Unidade Asistencial de Drogodependencias do Concello de Burela.

Desde a UAD do Concello de Burela, preténdese concienciar a poboación da importancia da prevención da Sida e da solidariedade cos enfermos.

Con estes obxectivos, a UAD convocou o certame de debuxo “Previr a sida día a día” e o xoves 1 de decembro estiveron no IES Perdouro para entregar os premios desta edición.

O primeiro posto foi para Shiva Eliska Alinda Nurhakim, alumna de 4º ESO. O seu debuxo foi o elixido para figurar no calendario publicado co gallo desta conmemoración. Ademais deste recoñecemento, recibiu un diploma, un vale de compra na librería Nobel e varios exemplares do calendario coa súa ilustración.

Os finalistas neste concurso foron Lidiana de Pina Sanches, alumna do CM de Xestión Administrativa, e Alexandre García Pousa, de 4º ESO, tamén do IES Perdouro. Tamén lles foron entregados os seus diplomas e senllos vales de compra.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...