InicioCentralBurelaA Aula Gaia de Burela imparte obradoiros no CEIP Virxe do Carme...

A Aula Gaia de Burela imparte obradoiros no CEIP Virxe do Carme para elaborar andornos de Nadal

As pezas realízanse con materiais reciclados.

Publicada o

- Advertisement -

As monitoras de Gaia, do Concello de Burela, impartiron obradoiros esta semana no Ceip Virxe do Carme para a elaboración de adornos de Nadal con materiais reciclados.

As monitoras contaron que “estivemos esta semana, de luns a venres, facendo manualidades de Nadal de reciclaxe co alumnado de infantil, de primeiro, de segundo e de sexto de Primaria do Ceip Virxe do Carme”.

Desde Gaia explicaron que “utilizamos pratos e vasos de cartón, corchos e básicamente cada neno fixo o seu adorno para poñer na árbore de Nadal ou para decorar a casa”.

E engadiron que “o obxectivo é que vexan que non é necesario comprar todo, senón que moitas cousas se poden facer na casa e moitas con material que pensamos que non nos vale para nada, pero que si pode ter unha segunda vida”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...