InicioCentralBurelaPaula Jorge Horta, tiktoker: "uso o galego nas miñas redes sociais porque...

Paula Jorge Horta, tiktoker: “uso o galego nas miñas redes sociais porque todo canto fago é en galego, a lingua que emprego todos os días”

Paula Jorge é tiktoker e instagramer. Chamou a atención nas RRSS primeiro polo uso do galego e logo por temáticas persoais. Comezou pola maquillaxe e logo pasou ao seu día a día. É unha das integrantes do grupo "Heroínas" creado pola RAG.

Publicada o

- Advertisement -

-Como foi a experiencia de pasar polo “Land Rober”?

Fun un par de veces e como é unha sección de esqueches para contar historias. A primeira foi a dun señor que reformou unha casa e encontrou cartos por todas partes. Outra foi tamén sobre un señor que encontraba cartos.

-Cal foi a motivación que te empurrou a iniciar a túa actividade nas RRSS, como Youtube ou Tik Tok?

A primeira foi en Youtube e o motivo foi a maquillaxe para peles negras. Esa era a miña primeira intención. Cando comecei a buscar de adolescente, non conseguía dar con información en español, só en inglés, até que encontrei unha rapaza cubana. Isto motivoume e así foi como creei a miña canle.

-Cantas visitas tes en Youtube de media?

A canle de Youtube non a estou empregando porque estou máis centrada en Tik Tok, por ser unha ferramenta máis directa e moito máis actual, ademais de usar Instagram. Estas son as que máis uso a cotío.

A primeira canle foi en Youtube e o motivo era a maquillaxe para peles negras

-É difícil escoller entre Tik Tok e Instagram como a mellor rede?

Son moi diferentes, quedaría coas dúas.

-Cales son as mellores cualidades de Tik Tok, por exemplo?

A facilidade da ferramenta en si, facilidade de poder editar e facer o contido e a espontaneidade dos vídeos. Agora poden ser de dez minutos, poden ser máis dependendo dos seguidores que teñas, mais ao comezo eran quince segundos, trinta segundos e as cousas que facías debías adaptalo a ese tempo. Tamén é unha ferramenta intuitiva e doada de levar. Sobre Instagram, no meu caso particular é máis familiar, quero dicir que somos todos coñecidos de Burela na miña conta, iso dáche moito feedback. Eu son de Burela e vivo aquí.

-Vives en Burela mais as RRSS expandiron a túa imaxe máis alá da vila.

Comecei a saír na prensa sobre todo polo uso do galego nas redes sociais porque todo canto fago é en galego, a lingua que emprego todos os días. Iso foi como unha chamada de atención para que me tivesen na mira co meu uso das redes.

-Ti como cualificarías o teu labor nas redes?

Non sei, porque realmente é o meu día a día.

Tik Tok ten a facilidade de poder editar e facer o contido e a espontaneidade dos vídeos

-Quen foi a primeira persoa que contactou comigo?

A primeira foi un rapaz de Boiro, que fala de diferentes temas. Contactou comigo polo tema da burelidade e do galego. Logo a prensa e por último a RAG contactoume para ser unha das participantes en “Superheroínas” no uso, emprego e defensa da lingua galega.

-Con que periodicidade subes vídeos a Tik Tok?

Antes subía un ou dous vídeos por día, despois fixen un por día e agora fago, literalmente, cando me apetece. Ten as súas consecuencias, Tik Tok é unha aplicación, eles queren que esteas o máximo tempo na súa aplicación porque é o que necesitan. Se eu estaba afeita a subir tres vídeos e deixo de facelo, as miñas visualizacións baixan. Teño moi poucas visualizacións para a cantidade de seguidores que teño. Podo ter entre 300 ou 1.000 visualizacións tendo 10.000 seguidores. Antes, cando subía máis vídeos, tiña máis visitas. Agora négome a vivir escrabizada cos vídeos.

-Instagram era distinto ou supoñía o mesmo nivel de esixencia?

O algoritmo de Instagram está moi perdido nese sentido. Tes que ter unha comunidade moi fiel de seguidores grande, senón estás perdido. Os meus stories son sobre o meu día a día, mostrar xente de Burela mais non vive aquí por motivos de traballo, por exemplo. Eu sempre mostro o paseo marítimo, o mar e logo sempre che dan un feedback de “moitas grazas”. Mellor ter poucos seguidores e bos que non moitos e malos.

-Fixeches maxisterio, actualmente exerces como profesora?

Non, estou estudando as oposicións, mais este ano só hai unha praza, literalmente. A cousa está difícil, hai que estudar mais este ano con calma.

Antes subía un ou dous vídeos por día, despois fixen un por día e agora fago, literalmente, cando me apetece

-Se lle quixeses aconsellar a alguén que queira facer os seus traballos en Tik Tok?

Ui, os consellos terían que darmos a min antes de dalos eu. Sona moi tópico, ser como es, porque ao final a xente cando ve o que fago din “es moi natural” e cousas así, mais iso é o que se debe esperar dunha persoa. Ser ti mesmos, aínda que non vexa un “éxito” asegurado.

-Non che preguntaron se monetizas as túas redes ou se tes ingresos extra grazas a elas?

Ninguén me preguntou, mais coa cantidade de seguidores que teño igual din “vai cobrar”. Eu non monetizo, o que fago é porque me gusta.

-Foches cambiando a temática dos teus vídeos en Tik Tok?

Si que cambiei. Primeiro baixeino porque era unha ferramenta moi intuitiva mesmo para editar vídeos. Comecei xusto en xaneiro de 2020, de primeiras non lle prestei atención e subía calquera cousa. Despois comecei coa maquillaxe e despois contar experiencias en galego.

-Dentro dos temas do teu día a día, cales son os máis interesantes para ti?

No día a día falo da miña rutina e conto anécdotas da miña infancia. Son cousas diarias que vou facendo, maquillaxe e moda.

Eu non monetizo, o que fago é porque me gusta

-A maioría dos teus seguidores son de Burela?

En Instagram si, en Tik Tok non, é moito máis aberto o abano.

-Tes pensando as RRSS para facer unha nova canle ou crear novos contidos?

En principio non, o contido en galego vai ser algo que estea sempre. Non, non vou cambiar as temáticas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...