InicioCentralBurelaO PP de Burela critica as medidas do Concello sobre as expropiacións...

O PP de Burela critica as medidas do Concello sobre as expropiacións para construír vivendas tutelas

Desde o grupo municipal popular apuntan ao BNG por desmarcarse das accións do goberno local.

Publicada o

- Advertisement -

O xoves 1 de decembro celebrouse o pleno do concello de Burela no que se trataron temas de diversa índole. O PP de Burela denuncia irregularidades nas medidas tomadas polo goberno local. “Non houbo nada novo. O que fixo o goberno local socialista foi a seguir desgobernando Burela e gobernando ás costas da veciñanza” explica o voceiro dos populares, Manuel Rouco.

Manuel Rouco sinala que o goberno local levou a diante tres expedientes de expropiación forzosa en diferentes parcelas de Burela, “sen falar con todos os propietarios, algo que reivindicamos reiteradamente desde o grupo municipal popular e, coma sempre, sen que o goberno socialista o tomara en conta”.

VIVENDAS TUTELADAS

O PP sinala que a congregación Hijas del Divino Celo solicitou unha subvención ao concello para rematar o proxecto altruísta de vivendas tuteladas de emerxencia que están a facer na zona dos Castros. O PP destaca sobre este punto que a concelleira de servizos sociais, Carmela López, presentou unha enmenda “totalmente irrealizable” pedindo á Xunta de Galicia a adxudicación desta subvención.

Rouco explica que “o que lle están pedindo á Xunta é unha ilegalidade, pois as subvencións nesta materia fanse por medio da Axencia de Desenvolvemento do Rural e son por concorrencia competitiva, non nominativa”.

Finalmente houbo un acordo de mínimos sobre a Congregación de Hijas del Divino Celo, para que “non quedara abandonada da man do goberno local ao intentar substituír a proposta que levou ao pleno, o Grupo Popular”.

EVASIÓN DO BNG

Desde o grupo municipal popular apuntan ao BNG por desmarcarse das accións do goberno local. “Chámanos a atención e non entendemos que traten de desmarcarse en notas de prensa coma se non foran cómplices da situación na que está sumida Burela nestes momentos, pois sen eles non poderían levar a cabo as súas medidas. Estiveron sustentando a este goberno ao longo de todo este mandato”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...