Correos instala unha caixa de Nadal en Burela até o 5 de xaneiro para as cartas aos Reis Magos

Os nenos e nenas poderán depositar as súas cartas para os Reis Magos na caixa de correos especial que Correos instalou na oficina postal de Burela.


A oficina de Correos terá instalado até o día 5 de xaneiro para os nenos e nenas un buzón para os Reis Magos e así recibiren as cartas dos máis pequenos. Ademais de fomentar o espírito do Nadal, esta iniciativa da empresa postal tamén pretender incentivar a práctica da escritura entre os máis pequenos da casa.

Correos leva 27 anos celebrando a campaña de Reis Magos con caixas de correos específicas para recoller os desexos dos nenos e nenas e encargarse de entregarllos directamente aos seus destinatarios en Oriente.

Ademais, este Nadal os equipos de voluntarios e voluntarias de Correos volverán achegarse a varios hospitais de España a recoller as cartas de mans dos nenos e nenas ingresados. Deste xeito, ademais de entregar un detalle aos máis pequenos, asegúranlles que os seus desexos chegarán a tan ilustres destinatarios.

Deste xeito, Correos, que desde hai máis de 300 anos, é o operador loxístico do Nadal, seguirá mantendo a ilusión de todos os nenos e nenas lembrando que hai poucas cousas tan fantásticas como escribir unha carta aos Reis Magos.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here