O Concello de Burela facilitará as visitas ao belén instalado pola veciñanza na igrexa da Vila do Medio coa presenza de persoal en horario de tarde todos os días laborables.
O horario de visitas establecido polo goberno local será de 16.00 a 19.00 horas, durante a celebración do Nadal.
O concelleiro de turismo de Burela, Ramiro Fernández, asegura que o belén é “espectacular” e anima aos mariñaos a acudir a velo.
O edil burelés asegurou que “os veciños que fixeron o belén solicitaron que estivese unha persoa alí e imos atender esa reclamación”.
PINTURAS
Segundo espuxo Fernández, o traballador presente “tamén aclarará calquera curiosidade respecto ás pinturas murais desa igrexa”.
As pinturas murais da igrexa, pertencentes ao gótico tardío –século XVI-, representan a Xesús no monte das oliveiras ou as Santas Mulleres ante o Sepulcro.