Burela disporá persoal para visitar o belén e as pinturas de Vila do Medio

O horario de visitas será de catro a sete da tarde, os días laborables durante o Nadal

Belén de Vila do Medio. AXM

O Concello de Burela facilitará as visitas ao belén instalado pola veciñanza na igrexa da Vila do Medio coa presenza de persoal en horario de tarde todos os días laborables.

O horario de visitas establecido polo goberno local será de 16.00 a 19.00 horas, durante a celebración do Nadal.

O concelleiro de turismo de Burela, Ramiro Fernández, asegura que o belén é “espectacular” e anima aos mariñaos a acudir a velo.

O edil burelés asegurou que “os veciños que fixeron o belén solicitaron que estivese unha persoa alí e imos atender esa reclamación”.

PINTURAS

Segundo espuxo Fernández, o traballador presente “tamén aclarará calquera curiosidade respecto ás pinturas murais desa igrexa”. 

As pinturas murais da igrexa, pertencentes ao gótico tardío –século XVI-, representan a Xesús no monte das oliveiras ou as Santas Mulleres ante o Sepulcro.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here