InicioCentralBurelaO alumeado de Nadal en Burela estará aceso até o 7 de...

O alumeado de Nadal en Burela estará aceso até o 7 de xaneiro

O alcalde, Alfredo Llano, engadiu: que "imos tratar de ofrecer un bo ambiente das festas de Nadal, sobre todo a partir do 22 de decembro, marcado por todas as actividades programadas e consideramos que este ano vai ser notoria e vistosa a cabalgata de reis".

Publicada o

- Advertisement -

O alumeado de Nadal en Burela estará aceso ata o vindeiro 7 de xaneiro, segundo anunciou no día de hoxe o alcalde, Alfredo Llano. O rexedor subliñou que é preciso equilibrar o aforro enerxético co custe desta iluminación e cos días que estará acendida.

Llano contou que “hoxe estase completando o alumeado do Nadal aquí en Burela e nunha boa proporción estará iluminando o noso concello. Este ano trátase de equilibrar o que é a filosofía do aforro enerxético, o custe, os días que van estar colocadas esas luces, a cantidade delas que se instalan, etc. O que se pretende é amosar a nosa responsabilidade e toda esta cuestión e procurar iluminar o pobo durante practicamente un mes, porque a iluminación estará acesa ata o 7 de xaneiro”.

Para o alcalde burelés “é preciso equilibrar todo isto. A fin do alumeado de Nadal é motivar e que a xente se atope con ganas de compartir e que estea a gusto no noso pobo e que anime á xente de fora veña a Burela. Do que se trata é de buscar sempre a mellor solución equilibrando a economía, o obxectivo 2030 e ter a satisfacción de poder iluminar o máximo posible de acordo cos orzamentos do Concello. Xa veremos agora tamén o horario de acendido e de apagado”.

Alfredo Llano engadiu: “vamos tratar de ofrecer un bo ambiente das festas de Nadal, sobre todo a partir do 22 de decembro, marcado por todas as actividades programadas e consideramos que este ano vai ser notoria e vistosa a cabalgata de reis, xa que estamos aí botándolles unha boa man para que sexa un atractivo e un motivo bo para saír á rúa e que pequenos e grandes gocen destes acontecementos”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...