InicioCentralBurelaBurela estrea mesas de xadrez na rúa Rosalía de Castro para mellorar...

Burela estrea mesas de xadrez na rúa Rosalía de Castro para mellorar as alternativas de ocio

Alfredo Llano indicou que “imos ver qué repercusión teñen, o seu rendemento e o seu uso para ir ampliando esta posibilidade".

Publicada o

- Advertisement -

Xa están instaladas as mesas de xadrez na rúa Rosalía de Castro. O alcalde, Alfredo Llano, dixo que o Concello organizará partidas simultáneas e campionatos.

O rexedor declarou que “coa instalación destas mesas de xadrez e damas o que queremos é mellorar as alternativas de ocio, de deporte e de cultura por todo o pobo. Vimos de instalar catro mesas: dúas na rúa Rosalía de Castro, unha na Praza da Mariña e outra no parque a carón do hospital”.

Llano indicou que “imos ver qué repercusión teñen, o seu rendemento e o seu uso para ir ampliando esta posibilidade. A nosa idea é organizar unhas partidas simultáneas cun algún experto para darlle solidez a este proxecto”. Alfredo Llano e a concelleira Toñi Eijo visitaron hoxe os lugares nos que foron instaladas as mesas de xadrez en Burela.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...