InicioCentralBurelaO rastrillo de Nadal en Burela celebrarase os días 17 e 18...

O rastrillo de Nadal en Burela celebrarase os días 17 e 18 de decembro onde participarán 11 asociacións

O concelleiro de Cultura anima á xente a achegarse ao rastrillo de Nadal de Burela: “así que quero animar a todos, veciños de Burela e aos que nos visiten, a participar porque todas as causas solidarias meréceno".

Publicada o

- Advertisement -

En Burela celebrarase o rastrillo de Nadal os días 17 e 18 de decembro no que participan un total de 11 asociacións. Estará situado na antiga praza de abastos. O sábado pola tarde terá lugar a actuación musical de Mano Puesta. O concelleiro de Cultura, José Díaz, anima a asistir.

O edil burelés contou que “esta fin de semana, 17 e 18 de decembro, na antiga praza de abastos imos ter anciño de Nadal de asociacións de Burela, que xa houbo noutras ocasións, pero levaba dous anos sen celebrarse por culpa da pandemia. Retomámolo e apoiámolo totalmente porque é unha forma de darse a coñecer estas asociacións para toda a xente que visite os seus postos no rastro e tamén para recadar fondos para os seus obxectivos e proxectos que teñen estes colectivos. En total participan 11 nesta ocasión, que son a asociación Esperanza Contra el Cáncer, Saúde Mental da Mariña, Alas de Vida, Aspebu, o Anpa do Virxe do Carme, Afán Burela, Bumei ou Mujeres en Igualdad, a asociación protectora de animais Bigotes, Camiña, Cáritas e a asociación de Semana Santa. Todas estarán alí con diferentes produtos a prezos moi económicos para que os asistentes ao rastro poidan levar a casa pequenos tesouros a cambio de colaborar con elas”.

Díaz explicou que “o horario será de 10 a 20 horas ininterrompidamente e contaremos cunha actuación musical, que nun principio estaba prevista unha, de Óscar Fernández, pero por motivos alleos á súa vontade non vai poder estar e finalmente teremos outra, que seguro que será tamén do gusto da xente. Chámase Mano Puesta a proposta musical, que é un dúo formado por dous mozos de Ferrol que o fan moi ben, son cantautores e tamén fan unha versión. Isto facémolo para apoiar o propio anciño, que a xente se poida achegar alí a velos e de paso investir un pouco nos postos. O concerto será ás seis da tarde o sábado, 17 de decembro. Aconsélloo de verdade porque son dous rapaces que compoñen xenial e amenizarán un pouco ese fin de tarde do sábado”.

O concelleiro de Cultura anima á xente a achegarse ao rastrillo de Nadal de Burela: “así que quero animar a todos, veciños de Burela e aos que nos visiten, a participar porque todas as causas solidarias meréceno e agora con máis motivo, polas datas especiais que son e polas iniciativas que teñen estas asociacións para as que necesitan recadar fondos

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...