InicioCentralBurelaValladolid será a próxima parada de promoción da 'Merluza de Burela' con...

Valladolid será a próxima parada de promoción da ‘Merluza de Burela’ con degustacións en diferentes locais da cidade

A Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela dá continuidade así ás súas accións de promoción en Castela e León, rexión elixida este ano ao tratarse dun mercado de proximidade para as súas marcas, tras lanzar alí hai un mes a súa nova campaña "Hazlo por Amor".

Publicada o

- Advertisement -

O “Mercado del Val” de Valladolid celebrou este xoves unhas xornadas gastronómicas adicadas ao sabor da “Merluza de Burela”, con degustacións en varios locais de restauración situados dentro deste histórico recinto.

Cinco gastrobares do mercado máis antigo de Valladolid acolleron estas degustacións de pescada do pincho de Burela, ofrecendo as seguintes receitas: “Merluza de Burela ao forno con salsa de piquillos e verduras” (Hermanos Hoyos), “Empanada de Merluza de Burela con piquillos” (La Provinciana), “Pastel de Merluza de Burela con salsa cerezal” (El Cerezal), “Petisco de Merluza de Burela con costra e cogomelos de tempada” (Menganita de Cual) e “Ensalada americana con tacos de Merluza de Burela en tempura negra” (Cocinamos para ti).

A Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela dá continuidade así ás súas accións de promoción en Castela e León, rexión elixida este ano ao tratarse dun mercado de proximidade para as súas marcas, tras lanzar alí hai un mes a súa nova campaña “Hazlo por Amor”.

Esta acción de promoción inclúese no plan de produción e comercialización anual da Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela, realízase en colaboración con Armadores de Burela e está cofinanciada pola Xunta de Galicia e o FEMP.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...