InicioCentralBurelaBurela inviste 60.000 euros na segunda fase da mellora da rúa dos...

Burela inviste 60.000 euros na segunda fase da mellora da rúa dos Matos

O concelleiro de Obras, Ramiro Fernández, indicou que “os traballos consisten na renovación do firme e aproveitando a obra procederemos á renovación da rede de abastecemento de auga como a rede de alumeado. A primeira actuación que fixemos quedará completada con esta segunda fase”.

Publicada o

- Advertisement -

Deu comezo a segunda fase da mellora da rúa dos Matos, segundo deu a coñecer o concelleiro de Obras, Ramiro Fernández. O investimento ascende a máis de 60.000 euros.

O edil contou que “no día de onte empezamos unhas obras de renovación do pavimento nos arredores do pavillón polideportivo, na rúa dos Matos. Isto ven completar unha primeira fase que xa fixera co primeiro tramo da calle cando renovamos tanto a banda de rodadura como os servizos que había alí, porque nos estaban dando moitos problemas de fugas de auga”.

Fernández Rey explicou “agora imos facer esta segunda fase nunha zona que é de formigón, que se atopaba bastante deteriorada e que daba mala imaxe, tendo en conta que por alí pasa moita xente que fai uso do pavillón polideportivo e do Ceip Vista Alegre. Quixemos así mellorar a seguridade e o firme daquela zona”.

O concelleiro de Obras indicou que “os traballos consisten na renovación do firme e aproveitando a obra procederemos á renovación da rede de abastecemento de auga como a rede de alumeado. A primeira actuación que fixemos quedará completada con esta segunda fase”.

Ramiro Fernández dixo que “o investimento ascende a 60.413 euros, a empresa que está facendo a obra é BCNOR, que é a que gañou o concurso público para facer este traballo. Decidimos facer estas obras nestas datas aproveitando que hai moito menos uso tanto do pavillón como dos colexios. Nalgún momento imos ter que cortar o tráfico e pensamos que estas datas son as máis idóneas, sobre todo desde que collan as vacacións as nenas e os nenos. Iso facilitará todo o que é o tránsito por aquela zona”.

O edil burelés pediu desculpas polas molestias que se poidan ocasionar: “as obras sempre causan algún tipo de molestia, pedimos desculpas polas molestias que se poidan ocasionar. Pero penso que o resultado final vai ser moi positivo. Así daremos por finalizada a actuación nesa rúa dos Matos”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...