Un ferido en Foz tras envorcar o seu coche

Garda Civil. EFE

Na N-642, ao seu paso por Foz, os Bombeiros tiveron que intervir para excarcerar a unha persoa que resultou ferida tras envorcar o vehículo no que circulaba á altura do quilómetro 35.

Tal e como informou o 112 Galicia, un particular alertou dos feitos ás 4:30, indicando que estaba a ver un vehículo envorcado e cunha persoa que era incapaz de abandonalo polos seus propios medios.

Desde o 112 deuse aviso ao persoal dos servizos sanitarios, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local de Foz e aos servizos de mantemento das estradas. Os Bombeiros de Barreiros foron os encargados de excarcerar á persoa ferida, que recibiu asistencia sanitaria.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here