InicioCentralFozO PP de Foz acusa a PSOE e BNG de lavarse as...

O PP de Foz acusa a PSOE e BNG de lavarse as mans sobre o futuro da residencia de maiores

O grupo municipal do PP de Foz sinalou que a "única forma de garantir que os residentes e os traballadores permanezan en Foz e seguir como estabamos; sendo unha residencia municipal".

Publicada o

- Advertisement -

O grupo municipal do PP ten moi clara a folla de ruta para sacar á residencia da terceira idade de Foz do conflito na que a meteu a mala xestión do alcalde, Fran Cajoto (PSOE). Os populares expuxeron ao goberno a solución ao problema, pero socialistas e nacionalistas non queren escoitar nada que non responda aos seus intereses electorais. O portavoz popular, Javier Castiñeira, sinala: “No pleno do pasado mércores o PP de Foz presentou a súa folla de ruta para intentar reconducir a situación da residencia da terceira idade creada pola inoperancia do goberno municipal. O PP presentou unha emenda para substituír os acordos inmobilistas que propoñía o goberno de Cajoto por unha solución posible e real a este conflito. A solución non pode pasar por obrigar á concesionaria a seguir en contra da súa vontade; sería un risco enorme para o propio servicio”.

Castiñeira explica cal é a solución ao problema: “A solución pasa, por un lado, por renovar o convenio de cesión do edificio co Consorcio para que siga sendo municipal outros catro anos; segundo, sacar a licitación inmediatamente o novo concurso, como leva pedindo o PP varios anos. Xa o tiña que ter convocado hai catro meses, para que non pasara o que está a pasar, porque o 16 de xaneiro remata a concesión con esta empresa e non hai substituta, porque non quixo o alcalde. Por outro lado, hai que tratar de solucionar o problema coa actual empresa, intentar reconducir a situación polo menos ata que teñamos un novo concesionario. Iso é o que pediu o PP e o que entendemos que vai ter que facer o señor Cajoto se non quere chegar a maiores problemas”.

PSOE e BNG negáronse a aceptar a proposta do PP e, segundo sinala Castiñeira, “seguen lavándose as mans e botando a culpa a todos os que demos solución aos problemas doa residencia, fixemos unha transición perfecta; a eles tocáballes renovar ese proceso e, de momento, non o queren facer”.

Castiñeira di que agora produciuse “a confirmación por parte dos responsables da concesionaria de que Cajoto os leva enganando dous anos, de que o Concello non accedeu a solucionar o desequilibrio económico ocasionada pola covid e a crise causada pola guerra de Ucraína; isto delata a actitude pasiva do alcalde, que pretende ter unha residencia municipal, nos momento complexos que estamos vivindo, sen poñer nin un peso”. Asegura que “en ningún caso, en ningún concello, pasou isto”.

Castiñeira declara: “O PP volveu recordar onte a Cajoto que o que funciona ben non hai porque cambialo. A única forma de garantir que os residentes e os traballadores permanezan en Foz e seguir como estabamos; sendo unha residencia municipal. O resto son intereses privados, electoralistas, do señor Cajoto e dos seus socios do BNG, que o único que queren e manter discrepancias coa Xunta de Galicia, aínda que sexa a costa dun servizo tan serio e importante como é o da residencia, que puxo a funcionar o Partido Popular de Foz”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...