InicioCentralFozO cabozo de Cartán en Foz acolle un belén para visitar por...

O cabozo de Cartán en Foz acolle un belén para visitar por veciños e turistas

O cabozo está situado no lugar de Vilaxoane e foi recentemente restaurado e acondicionado. Os veciños resaltan a súa simplicidade como un dos seus atractivos.

Publicada o

- Advertisement -

A idea do belén de Vilaxoane comezou a agromar durante a pandemia, pero non foi ata este ano cando os veciños decidiron levala adíante. Agardaron ata que o hórreo estivese rehabilitado e curioso e púxeronse á obra para instalar as figuras do presebe. Aínda que só era con intención de decorar o barrio, xa se converteu nun reclamo para visitantes.

Nun espazo tan reducido e, sobre todo, estreito, non é doado colocar as pezas e tampouco é fácil parar cos coches na zona por estar nunha curva. Con todo, os veciños que axudaron a elaboralo cren que eses atrancos e a súa sinxeleza constitúen o seu maior atractivo. Polo de agora, o belén do cabozo de Cartán non ten tanta sona como o de Viveiro, pero a cousa pode cambiar.

Os veciños xa teñen en mente o belén do vindeiro ano e traballan para que sexa máis completo e atractivo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...