InicioCentralFozPilar Sánchez: "Este hórreo é a porta de entrada a Foz, por...

Pilar Sánchez: “Este hórreo é a porta de entrada a Foz, por iso era importante recuperalo”

O cabozo de Cartán, en Vilaxoane, Foz, propiedade de Nuria Edrosa, é un sinal de referencia na vila focega por estar na entrada da mesma. Até hai pouco esta construción estaba en mal estado, mais a vontade da propietaria fixo posible recuperalo. Pilar Sánchez, veciña do lugar aínda que residente en Madrid, xunto con máis veciños e veciñas, decidiron colocar un belén de Nadal neste elemento tradicional do hoso patrimonio.

Publicada o

- Advertisement -

-Como naceu a idea de colocar un Belén dentro dun hórreo e cales foron os pasos para ir poñendo as diferentes figuras?

A idea naceu un pouco antes da pandemia e a intención era facelo a tamaño real, mais coa chegada da COVID non puidemos facelo a tempo. Eu vivo en Madrid aínda que vou moito pola Mariña, e durante a pandemia tiña facilidades para moverme grazas á miña profesión. Desta maneira puidemos crear os personaxes e confeccionar a roupa para o Belén entre os veciños e as veciñas. Onde resido eu, Muncipio de Las Rozas, en Madrid, o Concello facilitou unha cabana de madeira artesanal e alí o colocamos. Puxémoslle medidas de seguridade con pequenos grupo. Conto isto polo impedimento de levar todo o materia até Vilaselán, pois esa era a idea inicial só que a COVID non o permitiu. A propietaria do cabozo restaurouno con moito esforzo e moito traballo para levar adiante esta idea do belén. Agora que xa non nos afectan as restriccións polo virus, puidemos levar as figuras ao barrio de Vilaxoán en Foz.

-Como se deseñou a creación das figuras e máis a súa distribución?

As figuras viñeron de tendas antigas que pecharan. Serían como maniquís mais con caras realistas nun estilo antigo para cinguirse a un “nacemento” tradicional. Logo as roupas confeccionáronse segundo o estilo dos hebreos e foron tecidas e cosidas de maneira artesanal, todo a man, mesmo o calzado vai tecido a man con cordas. Hai que mencionar o mérito de extraer o material durante o peche de tendas e comercios durante a corentena. Débese remarcar o mérito de conseguir os materiais e tamén as mans de ouro das xentes que crearon as vestimentas e outras pezas, hai que dicilo.

-Como solventaron a dificultade que ten poder entrar nunha construción como é un hórreo para ver o belén?

A ubicación deste cabozo de Vilaselán está xusto a pé de rúa. Isto facilita poder velo a simple vista, á altura dunha persoa. Quizais o único contraproducente sexa que é estreito aínda que ten profundidade. Con todo, pódese ver sen dificultade.

A propietaria do cabozo restaurouno con moito esforzo e moito traballo para levar adiante esta idea do belén

-Está no centro de Foz?

Non, está na entrada e iso foi un dos elementos que animou á súa restauración, porque é o primeiro en verse. Xa lle dicía á dona: “date de conta que este cabozo é a porta de entrada a Foz”, por onde entran turistas, transportistas e todos os vehículos. Esa é a porta de entrada á vila, por iso era importante a súa restauración.

-Describa como se lle propuxo á persoa propietaria do hórreo crear este belén?

O estado do hórreo era ruinoso. A medida que pasaban os anos, as inclemencias do tempo foron deteriorando a estrutura. A familia sentíase moi unida a esta construción pois foran agricultores por xeracións e a actual propietaria, unha muller nova, Nuria Edrosa, tiña sentimentos moi fortes cara este hórreo e por iso pagou ela a restauración de toda a estrutura, algo que é de agradecer. Daquela non encontrou axudas nin soportes económicos por parte das institucións.

-Mesmo restaurou as pinturas ornamentais.

Aí debo destacar que foi a mesma propietaria quen restaurou as pinturas, levando a liña preexistente. As obras de cuberta, picos da cuberta, chan, madeiras laterais, portas e outras pezas fixéronas obreiros especializados. Mesmo houbo que equilibrar a estrutura porque estaba caendo. A construción era coñecida como “O Cabozo de Cartán” porque a familia era coñecida como “Cartán”.

A ubicación deste cabozo de Vilaselán está xusto a pé de rúa. Isto facilita poder velo a simple vista, á altura dunha persoa

-O traballo de recuperación mereceu a pena mesmo pensando en que agora o hórreo ten unha utilidade.

É unha recompensa emocional, sobre todo. Non é unha vivenda mais é un elemento que te vincula coa túa familia. Hai un cariño polos avós, polos pais e mesmo a animamos a recuperalo, mais iso si, a implicación económica foi importante e foi un dos impedimentos que retardaron a rehabilitación.

-Xa me dixeches da falta de axudas oficiais, mais doutro tipo tampouco tivo?

Non, ela asumiu a plena totalidade dos gastos.

-Canta xente podería estar visitando este belén?

Non sei porque eu agora mesmo non estou aí, mais polas fotos que me envían e as mensaxes están indo colexios, asociacións e mesmo os coches van parando para velo. O Concello tamén lle puxo un proxector de luz para alumar nas horas de noite. O horario de apertura é de dez ou once da mañá a once da noite. Facemos quendas para abrir e pechar, uns días é unha persoa e logo delégase noutros veciños que tamén aportaron materiais para o belén.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...