O PP de Foz acusa ao goberno local presidido por Fran Cajoto de ineficacia na xestión da residencia de maiores

O portavoz popular, Javier Castiñeira, di que “o PP de Foz traballou en positivo que xa mandou o borrador ao Concello de Foz, pero no PP non sabemos nada máis”


O PP de Foz denuncia nun comunicado a “falta de eficacia do goberno presidido polo socialista Fran Cajoto”. Segundo os ‘populares’ isto crea dificultades para a xestión dos principais servizos do Concello. Como exemplo, o PP de Foz pon o caso da Residencia da Terceira Idade.

O portavoz popular, Javier Castiñeira, lembra que “o 16 de xaneiro rematará a vixencia do contrato entre o Concello e a empresa que xestiona a residencia e rematará tamén o prazo que deu a empresa para solucionar o reequilibrio económico e para negociar unha posible prórroga, polo menos até que saia a nova licitación”.

O portavoz popular di que “se o goberno formado por PSOE e BNG tivera os deberes feitos hai seis meses, como lle pediamos os populares, non estariamos agora tan apurados, pero, como este goberno fai as cousas sen organizarse, estamos así; agora reclamamos seriedade e que cumpran os compromisos alcanzados coa oposición nas pasadas reunións entre o alcalde e o Partido Popular”

Castiñeira sinala: “O PP de Foz traballou en positivo, ofreceuse ao Concello para avanzar no novo convenio co Consorcio Galego, que xa mandou o borrador ao Concello de Foz, pero no PP non sabemos nada máis”. Destaca que “é necesario avanzar tamén coa empresa”. Engade: “O alcalde comprometeuse a que en calquera negociación coa empresa participarían tamén os voceiros da oposición e nós non sabemos nada; estamos a día 11 e o único que sabemos é que o Consorcio cumpriu o prometido na reunión, que foi mandar o borrador antes do 10 de xaneiro. Esperemos que canto antes o Concello nos dea algún tipo de avance”. Para o PP, “o importante é non deixar de lado ás negociación coa empresa, porque o próximo 16 remata o prazo e iso é o que nos preocupa”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here