O IES de Foz recibe esta semana ao cociñeiro turco Ali Eyileten para mostrar a creación de pratos típicos do seu país


O cociñeiro turco, Ali Eyileten, do centro Şule Muzaffer Büyük Vocational and Technical Anatolian de Manavgat, da rexión de Antalya no Sur de Turquía, impartirá aulas no IES de Foz.

Durante esta semana elaborará diferentes pratos e sobremesas típicas da gastronomía turca como “baklava, kofta ou sopa tarhana” para o alumnado de cociña, ou tamén preparacións con café turco para o alumnado de servizos. O xoves haberá un menú-carta para poder degustar eses pratos. Esta visita está encadrada dentro do programa Erasmus+ na modalidade de visitas de expertos.

A relación do IES de Foz con este instituto homólogo vén do ano 2019 cando dous alumnos realizaron prácticas en hoteis da súa rexión. En abril de 2023 dous profesores irán realizar unha estadía de observación ao centro durante 9 días. Está sendo unha experiencia moi enriquecedora para todos e a aprendizaxe é total en todos os sentidos.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here