InicioCentralFozCurso de formación sobre uso de desfibriladores para os traballadores do Concello...

Curso de formación sobre uso de desfibriladores para os traballadores do Concello de Foz

Nas próximas semanas tamén se impartirán cursos de primeiros auxilios e sobre o uso correcto do desfibrilador ao alumnado de 3° e 4° da ESO do IES de Foz.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Foz traballa na prevención e na saúde das súas veciñas e veciños. Por iso se están a impartir unha serie de cursos certificados para dotar das capacidades necesarias en primeiros auxilios e o uso correcto dos dispositivos DESA (desfibriladores) aos traballadores dos edificios municipais.

A concelleira de Sanidade, Kathy Navarro, explica que “é moi importante que os traballadores coñezan o uso correcto dos desfibriladores. Actualmente temos cinco no Concello de Foz (nos coches da Policía Local e do 061, no Pavillón Municipal Torques de Marzán, no Cenima e en Servizos Sociais). A idea e seguir instalando máis dispositivos DESA e continuar formando ao persoal para que se incluso se dese un caso na rúa saiban como deben actuar ante a situación.”

Nas próximas semanas tamén se impartirán cursos de primeiros auxilios e sobre o uso correcto do desfibrilador ao alumnado de 3° e 4° da ESO do IES de Foz.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...