InicioCentralFozProposta do BNG de Foz para buscar unha figura que medie e...

Proposta do BNG de Foz para buscar unha figura que medie e permita conciliar as partes na xestión da residencia

Publicada o

- Advertisement -

O BNG de Foz reclama a garantía para as persoas usuarias, traballadoras e “os intereses económicos do resto das veciñas e veciños de Foz” en relación á residencia. Lembran que este servizo é público “porque é así por competencia estatutaria”. É por iso que critican a “xestión neoliberal da Consellería de Benestar que esixe non só que a xestión se extrenalice nunha licitación privada, se non que o Consorcio de Benestar xestiona os centros como unha inmobiliaria, chegando a pedir que ao remate dos convenios se lles entregue sen usuarios nin traballadores”.

Segundo o grupo nacionalista focego, a realización dun novo convenio permitirá a cesión da residencia ao Concello, cousa que evitará algo que ven como un atropelo laboral e social. Aínda así, o BNG de Foz sinala que se asiste a un desencontro coa actual concesionaria e que debera resolverse.

Segundo apuntan nun comunicado, un pleno do Concello en 2021, co acordo unánime de todolos grupos solicitaba ao Consorcio que retomase a xestión directa do centro. Segundo o BNG esta é a raíz do conflicto pola súa negativa a aceptalo. Isto último está actualmente en vías de solución co novo convenio, “por tanto chegouse a un acordo”. No pleno de decembro de 2022, e sen votos en contra, resolvíase notificar ao contratista a aprobación da prórroga, con indicación dos recursos, mais a empresa non aceptou o acordo.

Os servizos técnicos da empresa e o Concello “chegan a conclusións opostas e a inquietude medra nos actores implicados, usuarios e familias, traballadores e veciñas”. O BNG de Foz solicitou á empresa que reconsiderada as súas posturas. Os nacionalistas apuntan que existían esforzos previos do Concello para normalizar algunhas disfuncións na prestación dos servizos, e mesmo nos dereitos laborais dos traballadores. Isto obrigou a recorrer ao Fondo de garantía salarial para recuperar cantidades que lles adebeda, mais non foi atendida a súa solicitude.

A Asemblea do BNG de Foz considera que unha vía de solución pode ser a mediación. A mediadora sería unha institución pública competente en materia xurídica ou de servizos sociais, “que permita as partes aproximar posturas para evitar incertidumbre e dar tamén así resposta a inquietude amosada po la plantilla e as familias usuarias”.

O BNG reiterou o seu agradecemento ás persoas traballadoras pola súa profesionalidade e ás familias pola “súa comprensión diante da situación”. O BNG de Foz considera que “ben merece probarse este intento, para aclarar e resolver satisfactoriamente a situación a todalas partes implicadas no funcionamento dun servizo tan sensible”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...