InicioCentralFozEntregadas en Foz novas instalacións para a Asociación para Persoas con Minusvalía...

Entregadas en Foz novas instalacións para a Asociación para Persoas con Minusvalía Virxe do Carme

O alcalde, Fran Cajoto, explicou que “o Concello de Foz cumpriu o compromiso adquirido coa asociación Virxe do Carme, que este venres recibiu as chaves dunhas novas instalacións”.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Foz entregou hoxe, venres, as novas instalacións da a asociación para persoas con minusvalía Virxe do Carme. O novo edificio, anexo á Aula de Educación Vial, está situado no peirao de Foz e conta cun gran espazo de 87 metros cadrados e un patio exterior de 300 metros cadrados para todo tipo de actividades.

O alcalde, Fran Cajoto, explicou que “o Concello de Foz cumpriu o compromiso adquirido coa asociación Virxe do Carme, que este venres recibiu as chaves dunhas novas instalacións no peirao de Foz, anexas á Aula de Educación Vial”.

O rexedor municipal engadiu: “hoxe saldamos unha débeda de máis de 15 anos cunha asociación que desde o 2007 está a realizar unha enorme labor de integración con persoas con algún tipo de minusvalía psíquica. Merecen o noso máis fondo recoñecemento, pero tamén unhas instalacións axeitadas para poder realizar todas as actividades que programan”.

A concelleira de Asuntos Sociais, Ana Rojo, destacou: “é un día especial para os rapaces e as súas familias. Hoxe inauguramos as instalacións onde a asociación Virxe do Carme terá un espazo exclusivo para os rapaces onde poder impartir clases de reforzo e metodoloxía tradicional, comprensión lectora, sociais, naturais, escritura ou razoamento lóxico das matemáticas, entre outras”.

Ana Rojo engadiu que “o goberno de Foz sempre foi consciente da problemática e necesaria inclusión de todas as persoas así como da preocupación das súas familias, representadas na Asociación Virxe do Carme. Por iso traballamos para conseguir un espazo no que, sobre todo, sexan felices. Os meus máis sinceros parabéns á asociación Virxe do Carme”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...