O Ministerio de Transportes construirá dúas glorietas nos accesos á vila de Foz na N-642

O obxectivo é mellorar a seguridade viaria do tramo para facilitar os movementos dos vehículos e tamén dos peóns e ciclistas.


O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (Mitma) aprobou o proxecto para construír dúas glorietas nos accesos á localidade luguesa de Foz pola estrada nacional N-642 a través dun investimento de case 567.000 euros.

A actuación consiste na construción dunha glorieta en cada unha das dúas interseccións existentes nos quilómetros 39,910 e 40,970, segundo informou este luns a Administración central nun comunicado.

O obxectivo é mellorar a seguridade viaria do tramo para facilitar os movementos dos vehículos e tamén dos peóns e ciclistas.

O ministerio destaca que esta actuación forma parte dun conxunto de obras para “a permeabilidade e a seguridade” da N-642 en Foz composto por tres proxectos que suman 3,5 millóns de euros de orzamento.

A estrada N-642 conecta gran parte da Mariña luguesa e foi escenario do derrube de parte do firme no municipio de Burela o pasado mes de xaneiro.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here