InicioCentralFozO Goberno central adxudica máis de 300.000 euros para desenvolver melloras na...

O Goberno central adxudica máis de 300.000 euros para desenvolver melloras na praia de Llas

A subdelegada do Goberno en Lugo, Belén Rodríguez, anunciou este mércores este proxecto, co que a súa administración pretende "pór en valor os recursos naturais da Mariña".

Publicada o

- Advertisement -

O Ministerio de Trasición Ecolóxica adxudicou por 320.000 euros o proxecto para desenvolver diversas melloras na praia de Llás en Foz, como a substitución de especies exóticas da vexetación por autóctonas ou a execución dunha nova pasarela de madeira na zona central do areal.

A subdelegada do Goberno en Lugo, Belén Rodríguez, anunciou este mércores este proxecto, adxudicado á Empresa Xestión Ambiental de Contratas SL, co que a súa administración pretende “pór en valor os recursos naturais da Mariña”, así como a dinamización económica e turística da comarca.

Rodríguez asegurou que estas obras buscan favorecer o “mellor aproveitamento dos recursos naturais que ten Foz”, para que estes poidan ser gozados tanto polos habitantes do municipio, como polos “numerosos turistas” que o visitan.

Así mesmo, a subdelegada lembrou que este proxecto ten o compromiso de manter un “absoluto respecto polo medio ambiente” e que demostra “con feitos” a “aposta do Goberno” pola conservación e mellora da costa da Mariña.

OBRAS NA PRAIA DE LLÁS

As actuacións que levará a cabo o Servizo Provincial de Costas para a praia de Llás consistirán, segundo informou Rodríguez, na “estabilización ambiental” mediante a eliminación das especies exóticas da súa vexetación e a súa restauración con especies autóctonas.

A subdelegada asegurou que o proxecto buscará reivindicar o sistema dunar coa colocación de paneis divulgativos. Ademais, se está previsto a canalización do afluente central da praia mediante pilotes de madeira para evitar a deterioración das dunas ocasionado polas avenidas periódicas que se producen na zona.

Rodríguez tamén destacou que o plan contempla a execución dunha nova pasarela de madeira na zona central da praia de Llás e a habilitación dun novo aparcadoiro co fin de mellorar o estacionamento e a accesibilidade a esta.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...