InicioCentralFozFoz renova o firme da Rúa Río Masma dentro das melloras do...

Foz renova o firme da Rúa Río Masma dentro das melloras do casco urbano

O alcalde, Fran Cajoto, explica que “a actuación consiste na limpeza da calzada actual e fresado onde é preciso, colocación de nova capa de firme de aglomerado en quente de 5 centímetros de espesor".

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Foz continúa co seu plan de mellora de viarios no casco urbano e nas parroquias. Con cargo a fondos do Plan Único 2022 estase a proceder á renovación do firme na rúa Río Masma.

O alcalde, Fran Cajoto, explica que “a actuación consiste na limpeza da calzada actual e fresado onde é preciso, colocación de nova capa de firme de aglomerado en quente de 5 centímetros de espesor, disposición de sinalización vertical e pintado da rúa. O investimento total ascende a algo máis de 14.000 euros”.

O rexedor municipal pide “desculpas polas molestias causadas polas obras, moi demandadas polos veciños que viven nesa rúa xa que o firme atopábase en moi mal estado. Pouco a pouco, con cargo a distintas fontes de financiamento e seguindo as directrices que marca o Plan de Mobilidade, estamos a mellorar a rede viaria do noso concello. Mellorar o firme desta rúa, moi deteriorado, era unha prioridade”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...