InicioCentralFozO Concello de Foz reformula as categorías dos premios para o desfile...

O Concello de Foz reformula as categorías dos premios para o desfile de Entroido

O alcalde Foz, Fran Cajoto, deséxalles a veciñas, veciños e visitantes “que desfruten do Entroido e participen nos eventos que se organizan”.

Publicada o

- Advertisement -

A asociación O Noso Foz e o Concello de Foz anuncian unha modificación nos premios programados para a categoría de grupos adultos. A gran afluencia dos mesmos levou a reformular a categoría ampliando a dotación destes, quedando como segue: 1º premio, 700 euros; 2º premio, 500 euros; 3º premio, 400 euros; 4º premio, 350 euros; 5º premio, 300 euros; 6º premio, 200 euros; e 7º premio, 100 euros. Tamén se inclúe unha nova categoría ao coche mellor engalanado de grupos que terá unha dotación de 250 euros.

A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que “a participación no desfile sigue crecendo. O seu percorrido, que será coma todos os anos pero rematará na confluencia das rúas Irmandiños e Concello de Cervo, espérase con importante afluencia de público. Para que se desenvolva correctamente pídese aos participantes que ao finalizar desexen ir ao porto que se desvíen cara á dereita (rúa Alfonso X O Sabio) e os que queiran acudir á chocolatada, cara á esquerda (rúa Concello de Cervo para poder acceder á praza de Galicia pola rúa Carlos Maside). O graderío do porto conta con máis do 95% das localidades vendidas, polo que o sábado sacaranse á venda as localidades restantes en horario de 12 a 14 horas e, se restara algunha, de 15.30 horas ata o comezo do desfile”.

Inés López engade que “o coñecido como Fozódromo contará como animadores, ademais dos protagonistas do desfile, a Juan Varela e Isi, que farán as presentacións dos participantes. Coma o ano pasado, a emisión tamén poderá seguirse en streaming dende a páxina de youtube do Concello de Foz”. Dende a organización piden o acceso aos asentos da bancada “antes da hora do comezo do desfile, para que a saída sexa puntual”, indica o presidente de O Noso Foz, Ángel Fernández Neira.

A Delegación de Cultura agradece a todos os participantes que ao chegar “se acheguen á caseta da organización para avisar da súa chegada ao recinto portuario. Ademais este ano contamos con servizos no recinto a disposición dos participantes”. O alcalde Foz, Fran Cajoto, deséxalles a veciñas, veciños e visitantes “que desfruten do Entroido e participen nos eventos que se organizan facendo a Foz un lugar para gozar do Carnaval da mellor maneira”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...