InicioCentralFozFoz realiza obras de mellora en varias rúas con cargo aos fondos...

Foz realiza obras de mellora en varias rúas con cargo aos fondos do Plan Único 2022

O alcalde Fran Cajoto, destaca outras accións que se executarán proximamente:"a limpeza e pavimentación dun calexón en Curros Enríquez e melloras na rúa de Redondo e no Cainzal".

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Foz continúa coa mellora de distintas rúas do casco urbano con cargo a fondos do Plan Único 2022. Esta semana renovouse o firme cunha nova capa de rodadura de aglomerado en quente do Camiño Real a Llas, o vial que conecta o cámping de Llas coa zona das Torres. Esta actuación, orzamentada en máis de 47.000 euros, contempla, ademais da renovación de firme, o remate da beirarrúa na zona máis próxima ás Torres e a creación dunha senda peonil con separadores de calzada, actuacións que se executarán nas vindeiras semanas. Outra vía na que se dispuxo unha nova capa de rodadura é a rúa Pena Parda, en Marzán. Cun orzamento de máis de 19.000 euros, actuouse nunha zona moi poboada cun firme moi deteriorado, no tramo comprendido entre a fonte de Sieiro e o cruce con Avenida de Viveiro. Anunciouno o alcalde, Fran Cajoto.

O rexedor municipal engadiu que “outra actuación do equipo de estendido foi o fresado e aglomerado do carril dereito de entrada a Foz da Avenida de Viveiro, entre o pavillón de Marzán e a rúa Pena Parda, que presentaba un grave deterioro. Esta actuación, pendente da sinalización horizontal, orzamentouse en algo máis de 10.600 euros. Tamén se renovou o firme no cruce entre Mariñeiro Chila e Concello de Sarria con case 8.000 euros”.

O alcalde pide desculpas polas molestias causadas polas obras, que aínda non están rematadas. “Está pendente a sinalización vertical e o pintado, ademais de outras actuacións. Tamén estivemos traballando na travesía que une a Avenida de Breogán con Ollo do Mar, que é unicamente de acceso a residentes e que se pavimentará con formigón impreso. Outras accións que se executarán proximamente dentro deste contrato son a limpeza e pavimentación dun calexón en Curros Enríquez e a mellora de firme na rúa de Redondo e no Cainzal, en Vilaxoane. Continuamos traballando”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...