InicioCentralFozCursos de primeiros auxilios no IES de Foz organizados polo Concello

Cursos de primeiros auxilios no IES de Foz organizados polo Concello

A concelleira de Sanidade, Kathy Navarro, explica que “o obxectivo destes cursos é que os rapaces saiban actuar ante posibles situacións de risco".

Publicada o

- Advertisement -

.Alumnado de 3° e 4° de ESO do IES de Foz participou en cursos de primeiros auxilios e uso do desfibrilador, con parte práctica incluída, organizados e financiados polo Concello focego.

A concelleira de Sanidade, Kathy Navarro, explica que “o obxectivo destes cursos é que os rapaces saiban actuar ante posibles situacións de risco como atragantamentos, intoxicacións etílicas ou paradas cardiorespiratorias, déanse na rúa, na casa ou mentres están a participar nalgunha actividade. Nunca sabemos cando pode pasar e as estatísticas din que cada vez son máis frecuentes as paradas cardiorespiratorias, sobre todo en homes entre 30 e 55 anos”.

Kathy Navarro agradece ao IES de Foz “por poñer en valor a importancia destas formacións. Contan con desfibrilador nas súas instalacións, como moitos edificios do municipio, sendo Foz o concello máis cardioprotexido da Mariña”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...