InicioCentralFozFoz leva adiante melloras en dous viarios no barrio de Vilaxoane

Foz leva adiante melloras en dous viarios no barrio de Vilaxoane

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, sinala que “hai distintos camiños de parroquias que van ser arranxados tamén con cargo ao Plan Único 2022".

Publicada o

- Advertisement -

. Dentro do plan de mellora de viarios urbanos, o Concello de Foz acometeu esta semana o aglomerado do Camiño de Cainzal e do Camiño do Redondo, ambos no barrio de Vilaxoane.

O alcalde, Fran Cajoto, explica que “cun orzamento de case 20.000 euros, as obras consistiron na limpeza das marxes e do pavimento existente e na mellora do firme cunha nova capa de rodadura de aglomerado en quente de 5 centímetros de espesor. Ao ser zonas eminentemente peonís, con edificacións tradicionais e de acceso a vivendas, o firme vai ter un tratamento especial. Unha vez rematados os traballos de aglomerado en quente, vaise a facer un tratamento superficial con dúas mans de lechada bituminosa de cor, o que se coñece como slurry. Con este tratamento imos conseguir un selado adicional da superficie de aglomerado volvéndoa máis impermeable. Ademais, da cor negra vamos pasar a unha cor ocre que vai remarcar o carácter peonil destes dous camiños, que deben ser accesibles en vehículo unicamente aos residentes da zona”.

Ademais o rexedor municipal anuncia que “hai distintos camiños de parroquias que van ser arranxados tamén con cargo ao Plan Único 2022. Nalgunhas zonas como nos barrios do Raxal e Ribela, en Cangas, ou na Barrosa, en Nois, xa hai traballo avanzado, que se reiniciará proximamente. Tamén empezaremos unha campaña de bacheos con medios propios na vindeira semana, se o tempo o permite. Hai baches en varios viarios do casco urbano e das parroquias sobre os que é preciso actuar canto antes”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...