InicioCentralFozCajoto resalta a Declaración de Interese Turístico de Galicia para o Entroido...

Cajoto resalta a Declaración de Interese Turístico de Galicia para o Entroido de Foz

Fran Cajoto explica que “xa só o propio evento de elección do rei ou raíña do Carnaval, que ten ben pouquiño tempo, que se iniciou neste mandato municipal".

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, destaca a importancia da declaración como festa de interese turístico de Galicia para o Entroido focego e anuncia que o Concello solicitará que sexa tamén de interese turístico nacional.

“Desde o Concello de Foz estamos máis que satisfeitos porque se fixo xustiza e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, anunciaba que este luns aprobouse nunha sesión extraordinaria do Consello de Turismo a declaración como festa de interese turístico de Galicia para o Entroido de Foz. Un Carnaval que é xa referente non só en Foz e na comarca da Mariña senón en toda a provincia e en Galicia. Un Entroido que une ao pobo e no que participan case todas as persoas que configuran esta marabillosa vila e este grandioso concello, o que posibilitou que unha festa que comezou pouco a pouco se converta nunha gran celebración, que xa é todo un referente”, manifestou o rexedor municipal.

Fran Cajoto explica que “xa só o propio evento de elección do rei ou raíña do Carnaval, que ten ben pouquiño tempo, que se iniciou neste mandato municipal; a cea baile de coroación, con máis de 1.300 persoas asistentes; o desfile, no que participan máis de 2.500 persoas; o Baile do Farolillo, o pregón, as coplas, a gran sátira do Touporroutou e a Queima do Entroido ou Enterro da Sardiña, son distintos eventos que pivotan en torno a grupos e comparsas que forman familias que se xuntan e fan un enorme traballo durante todo o ano para posibilitar esa gran celebración na que se converteu o Carnaval de Foz”.

O alcalde focego tamén destaca “a parte técnica, porque esta declaración de festa de interese turístico de Galicia non é froito da casualidade, é consecuencia de moito traballo. E teño que dar a noraboa á tenente de alcalde e concelleira de Cultura, Inés López Couto, e tamén á técnica de Cultura, Pili López, que fixeron un gran traballo que puidemos trasladar ao pleno da corporación municipal de febreiro de 2022, hai xa máis dun ano, no que se aprobou por unanimidade levar a solicitude do Entroido de Foz como festa de interese turístico de Galicia. Todos os grupos da corporación votamos a favor, o expediente foi moi completo, pormenorizado, incidindo en todos os aspectos que fan singular a esta celebración, que é xa a gran festa de Foz. E ao final obtivemos o gran premio”.

Para rematar Fran Cajoto anuncia: “pero non nos imos quedar aquí e evidentemente despois desta declaración de festa de interese turístico de Galicia pensamos solicitar tamén a declaración de festa de interese turístico nacional porque o Carnaval de Foz ben o merece pois tamén é imaxe do noso pobo”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...