InicioCentralFozFoz recupera a Festa dos Pepes para o 18 de marzo

Foz recupera a Festa dos Pepes para o 18 de marzo

Na edición anterior congregáronse medio centenar de persoas.

Publicada o

- Advertisement -

O día 18 deste mes, sábado, ás 21:30 horas celebrarase a sexta edición da Festa dos Pepes en Foz. Recupérase así este evento, que non se celebrou durante a pandemia de Covid, e nesta ocasión ocúpanse da organización María José Naray e Josefa de Portela.

Este festexo, que foi creado por iniciativa de José Ramón Vila, celebrase en cada edición nun establecemento hostaleiro de Foz distinto e moitos dos participantes son Josés, Josefas, Pepes e Pepitas do municipio focego pero habitualmente tamén conta con asistentes doutras localidades da Mariña. Na edición anterior congregáronse medio centenar de persoas.

Nesta ocasión terá lugar no restaurante Barrilete e haberá cea, sorteos, contos e algunha sorpresa, como anuncia a organización. O prezo por persoa é de 35 euros e para participar hai que inscribirse previamente a través dos teléfonos 660.720.309 ou 639.81.86.15.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...