InicioCentralFozFin de semana gastronómica en Foz dedicada ás tostas

Fin de semana gastronómica en Foz dedicada ás tostas

O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, dixo que “o que queremos é animar esta fin de semana ofrecendo unha proposta gastronómica dedicada ás tostas".

Publicada o

- Advertisement -

Do 17 ao 19 de marzo, do venres ao domingo, AciaFozCCA organiza unha fin de semana gastronómica dedicada ás tostas. Será coincidindo coa celebración da festividade de San Xosé e do día do pai.

Nove locais hostaleiros ofrecerán tostas eses días ao prezo de 2,5 euros. Son: A Viela, Anduriña, Augas Santas, Bar 78, Marexada, Dandy, O Muelle, O Tangarte e Xoyma.

O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, dixo que “o que queremos é animar esta fin de semana, que para moita xente será de celebracións tanto do día do pai como de San Xosé, ofrecendo unha proposta gastronómica dedicada ás tostas. Así podemos saír tomar algo, degustar unhas tostas e logo comer ou cear nos bares e restaurantes do noso pobo”.

Paleo subliñou que “o obxectivo é complementar a campaña que organizamos para o día do pai e na que imos sortear 1.500 euros en vales de compra entre aquelas persoas que estes días merquen nos locais que participan nesta cita. E o 23 de marzo en RadioFoz faremos o sorteo. Haberá 1 premio de 500 euros en vales de compra e 5 premios de 200 euros cada un tamén en vales de compra. Son cantidades importantes para afrontar a chegada da primavera e así poder darnos unha alegría mercando aquilo ao que xa lle temos botado o ollo nos escaparates de Foz”.

Nas campañas da Fin de Semana Gastronómica das Tostas e Día do Pai AciaFozCCA conta coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Foz.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...