InicioCentralFozFoz acollerá a presentación do Primeiro Encontro de Bandas das escolas de...

Foz acollerá a presentación do Primeiro Encontro de Bandas das escolas de música da Mariña

Desde a Concellería de Cultura de Foz a edil Inés López Couto móstrase moi satisfeita co evento porque “creará sinerxías entre as escolas e producirá lazos entre as distintas agrupacións, moi bos para a comarca”.

Publicada o

- Advertisement -

Este venres, día 31, ás 12:00 horas no salón de actos do Cenima, de Foz, terá lugar a presentación do primeiro Encontro de Bandas das Escolas de Música da Mariña.

As escolas de música de Burela, Mondoñedo, Xove, Ribadeo e Foz levarán cabo conxuntamente estes encontros de bandas, que se celebrarán este curso nos auditorios municipais de Burela e de Mondoñedo os días 15 e 29 de abril respectivamente. Dita iniciativa será caldo de cultivo para as relacións entre os alumnos pertencentes á materia de Banda das diferentes escolas da Mariña co fin de compartir en sociedade as vivencias musicais fóra do ámbito local.

Os directores das diferentes escolas, Xan Carballal (Burela e Mondoñedo), Hugo García (Ribadeo), Felipe Sánchez (Foz) e Xulia Nogueira (Xove), están moi contentos de levar a cabo a iniciativa xa que “aportará aspectos moi positivos ás relacións entre os diferentes centros ademais de enriquecer a formación dos participantes”.

Desde a Concellería de Cultura de Foz a edil Inés López Couto móstrase moi satisfeita co evento porque “creará sinerxías entre as escolas e producirá lazos entre as distintas agrupacións, moi bos para a comarca”. Ademais agradece “o traballo das direccións dos centros, así como a implicación dos profesores para poder levar a cabo estas iniciativas que redundan na mellora da calidade educativa”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...