InicioCentralFozO alcalde de Foz considera "inaudito" coñecer as accións de Portos de...

O alcalde de Foz considera “inaudito” coñecer as accións de Portos de Galicia pola prensa

"Portos de Galicia decidiu utilizar politicamente a institución, organizando unha reunión co voceiro do Partido Popular local o pasado luns, á cal o Concello de Foz non foi invitado”, sinala Fran Cajoto.

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, demanda lealdade institucional a Portos de Galicia e ao goberno da Xunta porque ve “inaudito” decatarse pola prensa das accións dese ente autonómico no seu municipio.

Fran Cajoto explica que “para mañá, mércores 29 de marzo, estabamos convocados a unha presentación do proxecto que teoricamente está a redactar Portos de Galicia en Porto Chico para dar solución aos problemas de calado e amarres, proxecto para o cal non hai asignada ningunha partida orzamentaria. O venres 24 de marzo ás 15.50 horas, mediante correo electrónico, anulábase a visita da presidenta de Portos a Foz por problemas de axenda. Ante a consulta do Concello indicábasenos que non había ningunha nova data proposta para a presentación. Ata aquí a información da que dispón o Concello. Pero despois desta anulación do venres Portos de Galicia decidiu utilizar politicamente a institución, organizando unha reunión co voceiro do Partido Popular este luns, á cal o Concello de Foz non foi invitado”.

O alcalde de Foz engade que “esta forma de actuar, completamente irrespectuosa cos veciñas e veciños que elixiron democraticamente aos seus representantes, demostra unha vez máis a falta da máis mínima consideración da Xunta cos concellos que non goberna o Partido Popular. Mañá, mércores, solicitaremos unha reunión de urxencia coa presidenta de Portos de Galicia para coñecer os avances dun proxecto que nos preocupa: o aumento de amarres ten que ir parello a unha zona de paso ampla e amable para o peón, dado que Tupide é unha conexión fundamental entre o propio peirao e a zona da Rapadoira”.

Cajoto remata comentando que “fóra de portos ou megaportos, aos cales o voceiro do PP de Foz nos tiña acostumados, agardamos que a xuntanza solicitada se celebre canto antes”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...