InicioCentralFozA Oficina de Turismo de Foz estará aberta entre o 3 e...

A Oficina de Turismo de Foz estará aberta entre o 3 e o 8 de abril con motivo da Semana Santa

O concelleiro de Turismo, Chema Linares, explica que “despois de dous anos de pandemia, nesta Semana Santa prevese unha gran afluencia de visitas polo que é necesario reforzar o servizo”.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Foz anuncia que a Oficina de Turismo ampliará o seu su servizo para atender aos visitantes que se acheguen ao concello focego a disfrutar da Semana Santa. Abrirá do 3 ao 8 de abril.

O concelleiro de Turismo, Chema Linares, explica que “despois de dous anos de pandemia, cun descenso significativo no número de visitantes, neste Semana Santa prevese unha gran afluencia de visitas polo que é necesario reforzar o servizo”. E especifica que “a oficina abrirá durante a semana do 3 ao 8 de abril, ambos días incluídos, en horario de luns a mércores de 09:00 a 14:00 horas; e xoves, venres e sábado, de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas”.

Chema Linares tamén anuncia que “o Centro de Interpretación da Basílica de San Martiño poderá visitarse de martes a sábado de 10:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas e o domingo 9 de 10:30 a 13:00 horas. Os que visiten Foz poden informarse tanto na oficina de turismo como neste punto de información da Basílica. Ademais as persoas interesadas poderán concertar calquera das tres visitas guiadas diarias á Basílica establecidas: ás 10:45, 13:15 e 19:15 horas, previa cita no teléfono 982.13.26.07”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...