InicioCentralFozFoz acolle a representación teatral de 'El Virus de la Violencia' e...

Foz acolle a representación teatral de ‘El Virus de la Violencia’ e o actor galego Pepo Suevos

E dentro do ciclo Teatro nas Parroquias, o actor galego Pepo Suevos actuará no local social de San Martiño este venres ás 21:00 horas. Para as dúas representacións as entradas son de balde.

Publicada o

- Advertisement -

Dentro da programación cultural organizada polo Concello de Foz a compañía teatral arxentina El Vacío Fértil actuará na Casa da Cultura focega mañá, xoves 30, e o actor galego Pepo Suevos estará no local social de San Martiño este venres, día 31.

A compañía arxentina El Vacío Fértil trae mañá ás 20:30 horas á Casa da Cultura de Foz a obra de teatro adulto titulada El virus de la violencia. Escrita e dirixida por Marina Wainer transcorre durante unha lúa de mel soñada, cando a pandemia de coronavirus que comezou no 2020 irrompe na aparente felicidade dunha parella e todo cambia por completo entre eles. O elenco está formado por Romina Pinto e Iván Steinhardt.

E dentro do ciclo Teatro nas Parroquias, o actor galego Pepo Suevos actuará no local social de San Martiño este venres ás 21:00 horas. Para as dúas representacións as entradas son de balde.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...