- Advertisement -
Violeta Varela, alumna do Ciclo Superior de Dirección de Cociña do IES de Foz, realiza dous meses de prácticas no Hotel Restaurante Les Mimosas de Pont Aven na Bretaña Francesa.
Durante dous meses, ata o 7 de maio, traballará na cociña do hotel-restaurante situado na pequena vila costeira de Pont Aven. Luc e Veronique, os propietarios do establecemento ofrecen aloxamento e uns horarios moi axeitados para a que, sen dúbida, está sendo unha boa experiencia e moi enriquecedora.