InicioCentralFozMonólogos dos actores Federico Pérez e Pepo Suevos en Foz para esta...

Monólogos dos actores Federico Pérez e Pepo Suevos en Foz para esta fin de semana

A concelleira de Cultura, Inés López Couto, invita “a todos os veciños a desfrutar destas actuacións e a aproveitar o sábado completo visitando a Festa do Berberecho".

Publicada o

- Advertisement -

A Sala Bahía acollerá este sábado, día 15, ás 19 horas un monólogo de Federico Pérez, o popular actor, que é protagonista, entre outros, de Era Visto!, serie de humor da Televisión de Galicia. Esta actuación, enmarcada dentro do ciclo municipal Teatro nas Parroquias, realízase coa colaboración da asociación de veciños Torques de Marzán. A entrada será de balde.

E continuando este ciclo, o domingo 16 será a quenda de Pepo Suevos, que actuará na antiga Escola de San Acisclo ás 18 horas, tamén con entrada gratuíta. Esta actuación realízase en colaboración coa asociación de veciños Río Ouro, de San Acisclo.

A concelleira de Cultura, Inés López Couto, invita “a todos os veciños a desfrutar destas actuacións e a aproveitar o sábado completo visitando a Festa do Berberecho e a actuación pola noite da orquestra El Combo Dominicano”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...