InicioCentralFozSemana do Libro solidaria no Colexio o Cantel de Foz

Semana do Libro solidaria no Colexio o Cantel de Foz

A directora do centro, Adela Seijo, agradece a toda a comunidade educativa a grandísima colaboración e a boa acollida desta iniciativa.

Publicada o

- Advertisement -

O CEIP O Cantel acolleu na Semana do Libro unha campaña de recollida de alimentos e produtos de hixiene para o Banco de Alimentos de Foz e de penso e comida para a Protectora de Animais focega. Dende a biblioteca solidaria do centro desenvolveuse o proxecto Cultura por Solidariedade, levado a cabo pola rapazada do voluntariado da biblioteca, de 5º e 6º de Primaria, coordinados pola docente Cristina Cao.

A directora do centro, Adela Seijo, agradece a toda a comunidade educativa a grandísima colaboración e a boa acollida desta iniciativa.

Desde o Concello, o alcalde, Fran Cajoto, destaca a “gran iniciativa do centro, altruísta e solidaria, que ensina a pícaras e pícaros valores que están por riba dos libros de texto. Grazas ás achegas das familias vanse ver beneficiados os usuarios do Banco de Alimentos Municipal”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...