InicioCentralFozACIA Foz sortea 1.500 euros en vales de compra para a campaña...

ACIA Foz sortea 1.500 euros en vales de compra para a campaña do Día da Nai

O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, anima “a realizar as compras desta tradicional data no comercio local, no que temos a carón da casa".

Publicada o

- Advertisement -

AciaFozCCA sorteará 1.500 euros en vales de compra na súa campaña do día da nai. Todas aquelas persoas que realicen as súas compras nos comercios asociados entre o 28 de abril e o 7 de maio entrarán no sorteo de 15 premios de 100 euros en vales de compra cada un.

O sorteo terá lugar o 11 de maio en directo a través da emisora local Radio Foz a partir das 11 da mañá.

O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, anima “a realizar as compras desta tradicional data no comercio local, no que temos a carón da casa. En Foz podemos atopar todo o que precisamos para agasallar ás mamás polo seu día”.

E engade: “e tamén toca festexalo coa familia na hostalería local. Contamos cun sector da restauración moi importante, disposto a sorprendernos coas súas propostas gastronómicas nunha celebración tan especial”.

AciaFozCCA conta coa colaboración do Concello de Foz e da Xunta de Galicia para a organización da campaña do día da nai, que foi presentada hoxe por José Carlos Paleo, presidente da asociación empresarial focense, polo alcalde de Foz, Fran Cajoto, e polo concelleiro de Comercio, Chema Linares.

ÚLTIMAS

A xuíza chamará “en breve” a declarar aos investigados polo accidente de Xove en abril

A maxistrada titular do Xulgado de Instrución número 2 de Viveiro xa recibiu da...

Foz renova a frota de vehículos con catro novos transportes para o servizo de obras

O Concello de Foz vén de adquirir catro novos vehículos para o servizo de...

Detectado en Xove outro caso de gripe aviaria en gaivotas patiamarelas

A Consellería do Medio Rural comunicou ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, a...

ACISA Ribadeo repartirá 6.000 euros en premios na XIII Festa do Comercio

Acisa ven de presentar a XIII Festa do Comercio. A campaña desenvolverase do 1...