InicioCentralFozFoz celebra o último pleno deste mandato coa adxudicación do servizo de...

Foz celebra o último pleno deste mandato coa adxudicación do servizo de Axuda no Fogar

Os servizos técnicos están a traballar na licitación do novo contrato da residencia de maiores e centro de día.

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, informa que o último pleno deste mandato, que se celebrará o xoves 18 de maio, incluirá na orde do día a proposta da Alcaldía para a adxudicación do contrato do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) na modalidade de dependencia do Concello de Foz. Por outra parte, os servizos técnicos están a traballar na licitación do novo contrato da residencia de maiores e centro de día.

Sobre o SAF, o rexedor municipal explica que “é un contrato complexo, cun prazo de duración de 3 anos e un de prórroga, para un valor estimado de máis de 6,5 millóns de euros. A empresa proposta para a adxudicación ofertou o número máximo de horas recollidos no prego: neste novo contrato de axuda no fogar, ademais do servizo de 74.400 horas previsto, imos dispoñer dunha bolsa de horas anuais adicional de 1.100 horas. Ademais a oferta inclúe uns servizos complementarios que consideramos fundamentais e que non existían: de forma anual imos dispoñer de 315 servizos de podoloxía, 208 de fisioterapia e 300 de perruquería”.

Fran Cajoto destaca que “todo isto redunda no beneficio das persoas máis vulnerables, dos dependentes e das súas familias. A empresa proposta para a adxudicación ofertou ademais unha serie de axudas técnicas que superan en número ás recollidas nos pregos: 15 discos, 5 andadores, 20 coxíns antiescaras, 3 cadeiras de rodas, 3 camas articuladas, 3 grúas de mobilización, 10 muletas, 15 patas de elefante e 15 táboas. Son novos medios técnicos para mellorar a atención e aumentar a calidade de vida”.

A empresa adxudicataria proposta pola mesa de contratación é Servizos Sociosanitarios San Roque, que ofertou un prezo por hora de servizo de 17,88 euros (IVE 4% excluído).

RESIDENCIA CENTRO DE DÍA

O alcalde engade que “o Concello de Foz tamén está a facer os seus deberes coa Residencia e Centro de Día de Foz, ante a negativa do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar de asumir a xestión do servizo garantindo a estadía a residentes e mantendo o seu posto aos traballadores. Os servizos técnicos e xurídicos municipais están xa a analizar o Estudo de Viabilidade entregado pola empresa asesora, estudio necesario para a licitación de contratos de concesión de servizos segundo a lei 9/2017 de Contratos do Sector Público. Para a continuidade do servizo ata a nova licitación, o Concello realizou un estudo técnico que determinou as cantidades a abonar unha vez finalizado o pasado 16 de xaneiro o período inicial de contrato da actual adxudicataria. O Concello realizará nesta primeira quincena de maio os pagos correspondentes ás facturas dos meses de febreiro e marzo, unha vez finalice o período de exposición pública no BOP do suplemento de crédito aprobado no pleno do mes de marzo, necesario para prover de fondos ao Concello para o pago das mesmas”.

A actual adxudicataria do servizo é Servicios Socio Sanitarios de Galicia SL, constituída o 22 de febreiro de 2019, que ten proposto como administrador concursal polo xulgado a Moreno Yoldi y Moreno Laborda Asociados SLP. “O noso compromiso é cos residentes e as súas familias, cos traballadores e coa legalidade. Cumprimos sempre escrupulosamente coa palabra dada, a atención aos maiores é unha prioridade”, destaca o alcalde.

E a concelleira Ana Rojo informa doutras accións da Concellería de Asuntos Sociais: “cada día aumentan as persoas desfavorecidas que nos solicitan axudas, tanto do roupeiro como do banco de alimentos. Como servizos do Concello nutrimos o banco de todos aqueles alimentos necesarios para unha alimentación equilibrada, facendo fincapé nos lácteos, carnes, legumes, pasta, froitas ou verduras. A pesar da subas de prezos dos alimentos facemos un reparto, mensual, semanal ou incluso diario segundo os casos e as circunstancias das familias”. 

Ana Rojo engade: “recuperamos tamén os excedentes en perfectas condicións para o consumo de embalaxe e refrixeración dos supermercados Alimerka e Mercadona. Agradecemos de maneira especial todas aquelas iniciativas tanto de índole privado como de empresas, institucións, fundacións ou asociacións nas doazóns de alimentos para ás familias, toda vez que conciencian e fomentan a solidariedade no noso pobo”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...