Debate dos candidatos á alcaldía de Foz en RadioFoz

O debate será este mércores 24 de maio.


Os candidatos á alcaldía focega participarán mañá, día 24, no debate electoral organizado pola emisora municipal RadioFoz.

A cita dará comezo ás 12 do mediodía. Fran Cajoto, do PSOE; Javier Castiñeira, do PP; e Francisco Javier Fanego, do BNG, debaterán en Radio Foz, farán balance do mandato que remata, analizarán as necesidades do municipio e darán a coñecer as principais liñas de actuación para os vindeiros catro anos.

O debate, que será moderado por Anxo Rivas, poderá seguirse en directo pola radio a través do 107,4 da FM e tamén por internet na web do Concello de Foz a través do seguinte enlace https://concellodefoz.gal/cultura/radio-foz/

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here