InicioCentralFozRematan as obras de demolición no Pico do Castro en Foz

Rematan as obras de demolición no Pico do Castro en Foz

O alcalde en funcións, Fran Cajoto, explica que “este é o primeiro paso para a construción do primeiro parque canino da Mariña, que ocupará unha superficie de máis de 2.000 metros cadrados no entorno do Pico do Castro".

Publicada o

- Advertisement -

A instancias do Concello de Foz, a empresa NEDGIA levou a cabo a demolición das vellas instalacións de distribución de gas situadas no Pico do Castro, a carón do cemiterio focego, repoñendo a finca municipal ao seu estado inicial. Os traballos consistiron na desgasificación e extracción do tanque, a retirada das cubertas de uralita das edificacións, a limpeza e extracción de residuos e a consolidación e reposición do terreo. Neste lugar construirase o primeiro parque canino da Mariña.

O alcalde en funcións, Fran Cajoto, explica que “este é o primeiro paso para a construción do primeiro parque canino da Mariña, que ocupará unha superficie de máis de 2.000 metros cadrados no entorno do Pico do Castro. Deixamos en pé as edificacións existentes, co obxecto de aproveitalas como elementos auxiliares do parque se fora preciso. Grazas ao traballo dos alumnos da Escola Obradoiro o parque vai a ser unha zona segura para ceibar as nosas mascotas, nun entorno no que poderán desfrutar do aire libre, con estruturas de agility e puntos de auga para beber. Este proxecto incluímolo tamén na nova solicitude de escola obradoiro de xardinería, á que concorremos de novo cos concellos de Alfoz e o Valadouro.”

Cajoto engade que “as instalacións de almacenamento e distribución de gas levaban moitos anos pechadas e non foi ata o requirimento do Concello de Foz cando se desmontaron: preocúpanos o coidado da nosa vila e con ese obxectivo imos traballar no vindeiro mandato, mellorando ou creando novos servizos como este”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...