InicioCentralFozO alcalde de Foz di sentirse estrañado pola "dura nota do BNG"...

O alcalde de Foz di sentirse estrañado pola “dura nota do BNG” mentres volve ás tarefas municipais

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Foz Fran Cajoto retomou o traballo no Concello trala investidura, coa prioridade de sacar adiante as convocatorias de emprego pendentes para o reforzo de servizos municipais para a tempada de verán. O pasado sábado Fran Cajoto foi investido de novo alcalde cos votos a favor do partido socialista, nun día que o BNG emitía unha dura nota. “O partido socialista descolgou o teléfono para sentarse  a negociar co BNG un goberno de coalición ou  un acordo de goberno en minoría. Mantivemos a segunda xuntanza o xoves 15  segundo a dispoñibilidade na axenda do BNG. Esperábamos reunirnos o venres 16, pero ante a imposibilidade citámolos para continuar falando este pasado domingo”.

O alcalde continúa: “O sábado 16, día da investidura, encontrámonos cunha nota do prensa  moi dura  do BNG desprestixiándome e  tildando  ao partido socialista de irrespectuoso e con aires de suficiencia. O feito real é  que nos  enteramos  pola prensa que quedaba anulada a reunión do domingo e que o BNG pasaría á oposición. Non imos  calificar  en ningún caso ao BNG, pero a situación foi surrealista” e continúa: “sempre e en todo momento optamos polo diálogo e cremos sinceramente que a calma, a empatía a serenidade son as mellores compañeiras para as negociacións, falando enténdese a xente”.

A marea xeral nas horas previas ou na propia investidura foron de tensión na comarca, o que podería ter influído en Foz. Os socialistas defenderon sempre un goberno único, en coalición ou en minoría. “Na reunión co BNG  plantexamos  o acontecido durante estes catro anos, buscando mellorar dinámicas e favorecer que todo o mundo conte con áreas ben definidas, sen interferencias, todo baixo unha dirección coordinada. O mellor funcionamento dun goberno sempre implicará melloras para un pobo. Pola nosa parte só queda o completo compromiso de traballar con ilusión para continuar mellorando Foz”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...